Publicacións populares

xoves, 13 de novembro de 2014

A NOVA DO DIA - CICLO DE CINE NA GUARDA

Fuente: Infominho

"Só ata que a última árbore sexa cortada, o último rio envelenado e o último peixe pescado, só enton o home descubrirá que  o diñeiro non se come". 
Proverbio indio.

CICLO DE CINEMA DE INVERNO NA GUARDA


Dende as Xuventudes Socialistas de A Guarda queremos promover actividades como a que se mostra no enlace que compartimos unhas liñas mais arriba. Un ciclo de cine ofrecido polo concello que constará de tres películas que teñen como trama principal a do diñeiro, as actividades económicas, as entidades bancarias ou os mercados son algúns dos termos que mais escoitamos ultimamente nos medios de comunicación. Creemos que é necesario que a través do amplo abanico de actividades lúdicas que se poden ofrecer se mostre a xente como é o funcionamento deste tipo de entidades. Debido a mala xestión destes organismos España e Galicia vense afectadas por desahucios cada dia, por casos como os das preferentes ou caixas de aforros nas que hai barra libre de cartos.


Continuando coa habitual programación de cinema, chega este inverno un ciclo que busca a reflexión sobre o mundo de vida actual gobernado polo diñeiro desde os mercados financieiros.


Pensando na actualidade desta temática seleccionáronse 3 filmes que abordan esta cuestión, mostrando o funcionamento das empresas e da acumulación de capital e as inxustizas que afloranen consecuencia. O ciclo busca a reflexión, pero sobre todo achegar ó público cuestións de actualidade.



21 DE NOVEMBRO: "El CAPITAL". (Francia, 2011)Dirixida polo francés Costa-Gavras nos achega un filme no que queda ó descuberto como funcionan as regras do xogo nas grandes corporacións, a competencia voraz entre persoas e empresas. Como tes que pisar, para non ser pisado.

5 DE DECEMBRO: "LOS EDUKADORES". (Alemania, 2004)Un grupo de 3 mozos berlineses non están conformes con este mundo. Son novos e queren cambialo. Teñen unha estratexia, para educar ós ricachóns, que viven nas súas mansións, rodeados de millares de cousas que en realidade non necesitan. Pero chegado un punto, o plan váiselles das máns.

26 DE DECEMBRO: "IN TIME" (EE.UU., 2011) Cun corte máis comercial, este thriller protagonizado por Justin Timberlake, trasladanos a un mundo futuro non que non existe o diñeiro. No seu lugar a unidade monetaria é o tempo. O salario págase en días de vida, pero os recibos e as compras tamén.




As proxeccións serán sempre en venres, ás 20.30h. no Centro Cultural


¿Que outras peliculas te gustaría ver que teñan contido social ou sexan críticas co sistema actual?

Ningún comentario:

Publicar un comentario