Publicacións populares

luns, 24 de novembro de 2014

A NOVA DO DIA - ¿Son os únicos que non van facer nada?

Como sabedes unha das seccións do noso blog é sobre noticias na sua maioria sobre o Baixo Miño, pero a finais da semana pasada os medios de comunicación facianse eco de algo que nos deixou a todos cun nudo na gorxa. Non se trata da aparición do pequeno Nicolás, a unha cadena televisiva moi coñecida en España, (Fran en verdade, o outro nome non é mais que un apodo da prensa). Non falamos tampouco da morte da duquesa de Alba, esa que intentaron chamar a rebelde, a pesar de sempre vivir no lado victorioso da nosa Historia.

Non deixamos de preguntarnos por que seguen ocorrendo cousas coma esta cando a nosa Constitución recolle que toda persoa ten dereito a unha vivenda digna.

A finais da semana pasada coñeciamos a noticia de  Carmen Martínez Ayuso, unha anciá de oitenta e cinco anos da comunidade autónoma de Madrid tiña que ser desahuciada do seu fogar. Facia tempo que unha imaxe non impactaba tanto a sociedade, facia moito tempo que unha mirada non transmitia tanta dor como a desta anciá.

Carmen, a anciana desahuiciada o venres en Vallecas.
Un amplo dispositivo policial desprazouse ata a bisbarra de Vallecas para proceder ó seu deshaucio, como se dunha amenaza para os residentes ou unha gran manifestación se tratara, pero non, esta vez a policia actuaba para sacar á anciá do seu fogar. A partir de ese momento todos os medios de comunicación estaban volcados coa noticia, o goberno seguia inerte e tivo que ser o equipo do Raio Vallecano (equipo que viviu fai pouco tempo as consecuencias da crise economica) por mediación do seu entrenador, Paco Jémez, ademais da Plataforma de Afectados pola Hipoteca, os que deron un verdadeiro paso adiante para intentar arranxar canto antes a situación. 

Parece que esa imaxe que tantas voltas deu estes dias, de Carmen, chorando, rota de dor por ter que deixar a sua casa, toda a sua vida, pasa completamente desapercibida para este goberno, ata que os medios poñen o foco enriba, neste caso quizais pola mediación do clube vallecano. Ainda esta recente aquel bombeiro que un dia no que tiña que realizar un deshaucio, negouse alegando, con toda razón, que esa tarefa non entraba dentro das labores que como bombeiro que é tiña que desempeñar. A consecuencia de que ese home fora xulgado por incitación a violencia foi unha multa de seiscentos euros, a cal vai pagarse por medio da participación cidada, por medio da plataforma Stop Desahucios. Isto si que saiu na prensa, para que no ideario colectivo quede claro que os desahucios non se poden parar, pero a participación cidadá sempre demostra que moitas veces a Xustiza neste pais destaca pola sua ausencia.

Paco Jemez, entrenador do clube madrileño.
Carmen pode respirar agora mais tranquila grazas a un equipo de futbol e a plataformas que traballan arreo porque persoas coma ela non perdan o seu fogar, pero non grazas o goberno como deberia ter sido, aqueles que se manteñen ante unha situación que acontece case cada dia, seguen deixando a xente sen fogar, creando medidas que só rematan en menos futuro, tanto social como economico, ignorando a cruda realidade que asola este pais. O que se necesita non é sacar a xente das suas casas, nin quitarlle a asistencia sanitaria a parados ou emigrantes, necesitase actuar para solucionar o problema de raiz. A pesar de que xa moitos expertos na materia pronunciaranse sobre que facer, incluso a propia ciudadanía por medio dunha Iniciativa Lexislativa Popular, con medidas como a dación en pago, parece que seguen mirando cara outro lado deixando que dia a dia aumenten as casas sen xente e a xente sen casa.


A cifra de parados tamén segue aumentando, as matriculas universitarias alcanzan un prezo desorbitado, é unha larga lista de cousas que deixan a España nunha situación como se nos ultimos trinta anos os cidadáns non tiveramos feito nada. Quizas facer incapé nesa imaxe, na mirada de Carmen, unha imaxe que quedará no recordo por algun tempo, faga entender que deixar a unha persoa sen fogar, é o culme da exclusión social a que estan sometidas na actualidade moitas familias españolas, e iso non pon fin ao seu sufrimento. 



Ningún comentario:

Publicar un comentario