Publicacións populares

martes, 25 de novembro de 2014

COMUNICADO POLO DIA INTERNACIONAL POLA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO


"A redifinición do papel da muller foi unha peza clave na maquinaria represiva, o poder disciplinario e a imposición dunha sociedad patriarcal, nacional-católica do réxime dictatorial do 36. Mediante leis, normativas, modelos educativos e a Sección Femenina, o réxime franquista impulsou un arcaico arquetipo femenino recatado e sumiso, que expulsaba ás mulleres de toda actividade no ámbito público, sendo o fogar e a familia os únicos espazos autorizados."
De aqueles pós, estes lodos. Día a día seguen aumentando o número de victimas, polo que non podemos quitar do noso calendario o 25 de Novembro, Dia Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero.




Que a muller non poida escapar desa sensación de atoparse nunha posicion inferior ao home, debese case na sua totalidade a esa discriminación que se lle deu durante o periodo franquista. Queda claro que dende entón ata o de agora iso mudou, pero non o suficiente. Ese maltrato vemolo reflexado case cada dia nos medios de comunicaión con titulares como “unha muller morreu esta maña a mans do seu marido” ou “esta mañá procedeuse a detención dun home que lle propinou unha brutal paliza a sua parella”. Son estas frases, escoitadas tan a cotio durante moito tempo, as que nos recordan as mulleres que ainda queda moito por facer. 



A loita contra este tipo de comportamentos debe ir moito mais alá que a simple difusión, hai que concienciar os homes que ainda viven nos anos 40, que vivimos nun pais con igualdade de condicións, que ninguen é propiedade de nadie e que debemos rexeitar este tipo de comportamentos, denuncialos e educar aos demais co exemplo, cuestionando se xa conseguimos borrar esa imaxen da muller por debaixo do home. Esa etapa na que a muller se via sometida a unhas leis que impedian desenvolverse como persoa, xa a deixamos atrás fai moito tempo. Demos a muller o recoñecemento que merece, deixemos que sexa ela a que de un paso adiante para situarse onde lle corresponde, pese a quen lle pese. O machismo, retrógado e arcaico, debe ser escindido da nosa sociedade. Queremos deixar de ter que escoitar noticias tan sobrecolledoras relacionadas coa violencia de xénero que pensamos que en moitos casos se debe a esa inferioridade da muller frente a o suposto poderio do home. Quizas se a igualdade de sexos estivera mais equiparada, se realmente se traballara arreo para dar a muller unha posocion similar a do home, moitos destes problemas puderan desaparecer. 



Moitas desas mulleres que perden a vida a mans dos seus maridos ou parexas teñen que sufrir non só maltrato físico senón tamén maltrato psicolóxico, moitas mulleres queren por unha solución a isto moitas quixeran coller o telefono e chamar a ese número que tanto escoitamos ultimamente o 016, pero non son capaces porque teñen medo e o peor que se pode ter ante casos deste tipo é o medo, dende o primeiro momento no que unha muller se poida ver maltratada tanto fisica como psicoloxicamente debe tomar medidas porque senón quizas
cando decida facelo xa sexa demasiado tarde. ¿Cantos gritos afogados quedan no noso recordo colectivo como simples números? ¿Cantos máis gritos de auxilio imos deixar de escoitar para ter que quitarnos a venda dos ollos e atallar o mal de raiz? Moitos nenos e nenas quedan sen nai por non querer ser de papa, moitos nenos teñen que vivir nas suas propias carnes como papá acaba ca integridade de mamá. Os nenos, non so é que non poden, non teñen que vivir actos coma este. Os nenos teñen que xogar, que coñecer, que aprender, que vivir a sua vida de nenos, descubrir o mundo que lles rodea por si mesmos. 

En moitas ocasións incluso eles vense afectados directamente por actos machistas, nos que os nenos sofren danos físicos ou psicolóxicos, polo que vense tamen danados por este mal de por vida, preguntandose porque a súa nai e máis eles non recibiron a axuda que necesitaban.


Esta idea de superioridade dalguns homes, de creerse dono de persoas libres, ven inculcada case na sua totalidade por esa educación recibida durante a época da ditadura onde a muller non era mais que un “obxecto” sen capacidade de decisión, o home era quen decidia por ella, e impregnado en moitas familias españolas, que viviron afogados polo autoritarismo dos pais.



Queremos que a muller sexa libre, que se na sua relación tivera algún problema relacionado co maltrato teña valor para chamar a ese número, por ver que a sociedade e o Estado poñen todo o necesario para deixar atrás eses malos momentos. A muller é e sera sempre o motor desta sociedade, a muller ten a capacidade de dar a vida, pero se non é unha muller por si mesma segueremos tendo que, os trescentos sesenta e cinco dias do ano, loitar por conseguilo.


COMISIÓN DE IGUALDADE

XUVENTUDES SOCIALISTAS DA GUARDA 

Ningún comentario:

Publicar un comentario