Publicacións populares

xoves, 20 de novembro de 2014

LORENA PAZOS - Ela soñou... con ser futbolista e maestra.


Seguimos co futbol, esta vez con Lorena Pazos, guardesa afincada agora en Ourense estudando Educación Infantil.

Seguindo coa nosa entrevista anterior, tamen esta moi ligada ao futbol femenino guardés desde que era una cativa. Ainda que por unha lesión agora esta entre algodóns, segue xogando no equipo de Tomiño ao deporte que define máis que coma unha paixón, coma un sentimento.



Cando nos preguntabamos a quen entrevistar relacionada co deporte, un dos primeiros nomes que nos apareceu na mente foi o de Lorena Fernández Pazos, (A Guarda, 1985) pola eterna relación que tes co futbol femenino guardes, e por vivir aquela época na que unha nena xogando ao fútbol era difícil de ver.

¿Con cantos anos empezaste a xogar ao futbol? 
Lorena, no centro cos seus dous irmans.
Pois xogar, xoguei dende sempre, na escola, na calle, na praia, en todas partes, pero nun equipo empecei con doce anos. O primeiro clube no que xoguei foi na U.D A Guía. Un día estaba xogando na praia e dixéronlle ao meu pai que por qué non xogaba no equipo, meu pai preguntoume se quería e eu non o dubidei.
¿Na casa, como vian que te gustara tanto o fútbol?
Pois moi ben, dende que era ben pequena o meu pais sempre nos levaba ao meu irmán máis a min aos seus partidos, e sempre xogabamos por alí os dous, así que non creo que lles collera moi de sorpresa. Creo que si, que foi algo hereditario, xa que somo tres irmáns e os tres saímos futbolistas.
¿Por qué o futbol, e non o balonmano, que era un deporte máis famoso no ambito femenino?

A verdade é que nunca xoguei a balonmano, non me chamaba moito a atención, supoño que como dixen na pregunta anterior, as influencias externas axudaron a que me inclinara máis por o fútbol, aínda que fixen judo dende os tres anos hasta os once que o cambiei polo fútbol.
¿Foi moi sorprendente na época para os pais dos cativos?

Non recordo que supuxera ningún inconveniente para os pais e nais a verdade, pero si que recordo una anécdota que nun partido, o adestrador do equipo contrario castigounos a dar voltas ao campo ao rematar porque una nena lles metera un gol. Creo que aínda non estaba moi ben visto.
¿Custouche adaptarte a xogar cos nenos ou pola contra foi sinxelo por ser os teus compañeiros do colexio ou amigos?

Pois a verdade é que sempre me trataron moi ben, os meus compañeiros sempre me trataron coma una mais, nunca tiven ningún problema con eles, a pesar de que a maioría non os coñecía antes de empezar, xa que eran un pouco máis pequenos ca min.
Anos despois xa era algo mais normal e se conformou o club femenino ¿Como foron os primeiros pasos da Unión Guardesa?
Primeira ficha de Lorena na U.D. Guia, que recuperou fai uns anos.
Si, como ao cumprir os trece anos xa non podíamos xogar as nenas cos nenos, Nito (adestrador por aquelas época) pensou en formar un equipo feminino, ao principio empezamos chamándonos Chupa Chups, e xogábamos torneos e así, cando xa a cousa foi un pouco máis en serio xa nos chamamos Unión Guardesa. Foi unha época moi bonita, empezamos xogando sempre contra os mesmos equipos, porque non había máis e non estabamos federadas nin nada, pero tiñamos moita ilusión e pasabámolo moi ben. Máis adiante entramos na liga do Condado onde xa había moitos máis equipos e finalmente conseguimos federarnos na Federación Galega.
¿Recibichedes todo o apoio que vos gustaría? ¿Tivechedes algun tipo de axuda por parte da administración?

Pois a verdade é que o único apoio que tíñamos era o das nosas familias, que eran os que nos levaban e nos traían os partidos, os que sempre estaban ahí para que todo fose un pouco máis fácil porque éramos moi pequenas e non tiñamos carné de conducir nin nada, só a nosa ilusión por facer o que máis nos gustaba.
Que eu recorde ao principio ninguén nos votou unha man con nada, tíñamos que buscarnos a vida para poder conseguir equipacións, balóns, para os desprazamentos e todas esa cousas. A axuda que recibimos sempre foi a que nos buscabamos pola nosa conta, empresas privadas que a maioría eran de pais de xogadoras e así.
Lorena, no centro da imaxe na fila de arriba, xunto o resto de xogadoras da U. Guardesa
¿Segues coa mesma paixón este deporte que cando empezaches?

Penso que todas as mulleres que sentiron a paixón por este deporte, nunca a poden esquecer de todo, é algo que se leva dentro, se te gusta de verdade, cando non fas algo relacionado con isto é como se te faltara algo, así que sempre buscas a forma de estar vinculada a este deporte. Máis que unha paixón eu creo que é un sentimento.
¿Vicheste discriminada ou con menos posibilidades por ser muller na tua proyección como futbolista?

A verdades é que, naquela época, ser nena pensar en chegar lonxe, ou simplemente chegar ao mesmo sitio onde puidera chegar un neno a nivel futbolístico era totalmente inviable, nin tiñamos as mesmas oportunidades nin te tomaban en serio para que puideras telas, co cal, nunca puiden pensar que co fútbol chegaría máis alá que a miña satisfacción persoal.  
 ¿Crees que os equipos profesionais deben ter unha sección femenina, para impulsar máis este deporte?

Persoalmente, creo que se necesita moito máis ca iso, xa hai equipos profesionais que teñen unha sección feminina, pero non é suficiente para que este deporte alcance os niveis de popularidade que ten a sección masculina. Penso que nos medios de comunicación nos se lle da a importancia suficiente, que as administracións non valoran de igual forma o deporte masculino que o feminino, e sobre todo penso que a sociedade debería cambiar un pouco a súa mentalidade e apoiar e máis ao deporte feminino en xeral.
¿Que opinas sobre a igualdade no deporte? ¿Pensas que se avanzou nese aspecto?
Penso que non hai igualdade no deporte, que non se lle da a mesma importancia a un logro dun equipo feminino, ou  dunha muller, que a un masculino ou  dun home, aínda que sexa ao mesmo nivel, como pode ser gañar un europeo o algo a nivel mundial.
Os logros masculinos enchen portadas e cabeceiras de telexornais, os logros femininos son nomeados nalgún apartado, e mencionados de forma fugaz. Está claro que algo se avanzou dende hai cincuenta anos ata agora, porque polo menos deixan que as mulleres participen libremente pero non se crea tanta expectativa, nin se realzan tanto os logros duns e doutros e así é moi complicado falar de igualdade.  

Lorena, sostendo a copa, cas suas compañeiras do Tomiño F.C.
¿A que te dedicas actualmente?
Pois na actualidade estou rematando o Grao en Educación Infantil na facultade de Ourense.
Como ves a situación na Universidade, ¿crees que a muller logrou xa unha posición igual aos homes?
A ver, penso que muller loitou moito para poder chegar a obter as mesmas posibilidades académicas que os homes, e que na actualidade a cousa está bastante equilibrada. Por exemplo na miña clase de 80 alumnos só 6 son homes. É certo que é una carreira considerada principalmente feminina, o que me parece bastante discriminatorio, porque penso que é unha carreira vocacional indistintamente de que sexas un home ou unha muller.
Penso que é unha carreira moi importante porque é a base da formación da formación das persoas como persoas. Os nenos e nenas non discriminan somos os adultos e a sociedade os que lles pomos as etiquetas a todo.
Como posible futura profesora, ¿Crees que os novos métodos pedagóxicos están mellor orientados cara educar os nenos e nenas dunha maneira menos sexista?
Na teoría si, na actualidade faese moito énfasis niso, logo dependerá de cada profesor ou profesora se quere levalo á práctica ou non. Precisamente temos asignaturas nas que se resalta a importancia de educar aos nenos e nenas dende pequenos na igualdade de xénero.
¿Como ves a educación diferenciada, que separa os nenos e as nenas no colexio?
Estou totalmente en contra, pareceme unha cousa absurda, os nenos e nenas teñen que aprender a convivir dende pequenos, para poder convivir cando sexan maiores. Pareceme algo que queda xa moi anticuado para os tempos que corren.
¿Crees que sera posible a igualdade entre home e mulleres en España ou é algo moi utópico?

Gustaríame pensar que nun futuro a igualdade vai chegar, e que todo será valorado de igual forma. A cousa vai avanzando moi lentamente, e moi ao noso pesar, somos as propias mulleres as que temos que tirar do carro, e loitar por que isto sexa real. Ninguén nos vai a regalar nada, pero iso xa é algo ao que as mulleres deportistas estamos acostumadas, co cal, non hai que perder as esperanzas e sobre todo nunca perder a ilusión de poder facer o que a unha lle gusta, sexa ao nivel que sexa e pese a quen lle pese.
Falemos de ti un pouco máis,  ¿Quen crees que é a muller que máis marcou a tua vida?
Non creo que unha soa muller marcara a miña vida, creo que todas as que están en ela e son realmente importantes para min, son igual de necesarias, aunque por enriba de todo sempre estará a miña nai, que no hay máis que unha, aunque sone a tópico, sempre está ahí para o bo e para o malo.
 ¿A que máis marcou o deporte guardés?
Penso que a máis importante foi Julia Vaquero, xa que chegou moi lonxe e conseguiu cousas moi importantes.
A última, ¿no mundo, a muller que admiras?
A verdade é que non podería dicir ninguna en particular porque todolos días vemos mulleres que dan un paso adiante e din NON a un mundo tan machista.

Ningún comentario:

Publicar un comentario