Publicacións populares

luns, 10 de novembro de 2014

Magosto Socialista

O grupo municipal do Partido Socialista no Concello da Guarda celebrou hoxe domingo o tradicional magosto na Alameda como todolos anos. Ademas de música e bo ambiente para todos os asistentes, no mesmo lugar, foi a presentación en sociedade da nova executiva da agrupación municipal de Xuventudes Socialistas, a que acudiron Aitor Bouza e Marcos Ramos, en representación das Xuventudes Socialistas de Galicia para coñecer de primeira man o grupo municipal de cara a traballar en novos proxectos pola mocidade guardesa. 

Dende a nova executiva, queremos agradecerlles a eles persoalmente e a todolas persoas que nos acompañaron neste primeira incursión na vida social da nosa vila, dandonos animos para dar voz a xuventude guardesa na eterna loita polo progreso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario