Publicacións populares

luns, 10 de novembro de 2014

A NOVA DO DIA - ¿Que é iso da igualdade?

FUENTE: Infominho

Dende a Comisón de Igualdade das XX.SS. da Guarda aplaudimos este tipo de actividades dende o Concello, e aproveitamos para anunciar a próxima difusión no blogue de material relacionado cas grandes dificultades que moitas mulleres encontran no seu ámbito cultural, laboral ou social. Chamamos dende aqui a todalas mulleres que queiran colaborar con nos que soliciten información por aqui ou no correo xuventudessocialistasdaguarda@gmail.com.



A Concellaría de Igualdade e o Centro de Información á Muller (CIM)do Concello da Guarda, dentro da campaña do 25 de noviembre,Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, pon en marcha durante este mes de novembro o programa que leva por título: Que é iso da Igualdade?. Esta iniciativa diríxese ao alumnado de quinto e sexto curso dos cinco colexios de primaria do municipio así como, o alumnado de 4º da ESO e 1º de BACH do IES A Sangriña. 

Desde o CIM tense o convencemento de que a prevención desde o ámbito da educación é a clave para traballar a violencia de xénero, motivo polo que as actividades van ir encamiñadas neste senso.

Con esta actuación preténdese organizar entre a población infantil e xuvenil, obradoiros de habilidades e relacións sociais destinados a aprendizaxe de relacións respectuosas, aprender a amosar sentimentos, a resolución pacífica dos conflitos, e valorar a igualdade entre mulleres e homes como eixo central do desenvolvemento humano e desta maneira Informar, sensibilizar e concienciar sobre a magnitude do problema da violencia de xénero entre a mocidade, identificando a forma específica que adopta esta violencia nas súas relacións interpersoais e promover posturas de rexeitamento e denuncia activa ante ela, incidindo especialmente no uso axeitado que debe facerse das novas tecnoloxías.

Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral da Igualdade e o Fondo Social Europeo.


COMISIÓN DE IGUALDADE DAS XX.SS. DA GUARDA

Ningún comentario:

Publicar un comentario