Publicacións populares

sábado, 21 de febreiro de 2015

Nota de prensa - Día Europeo pola Igualdade Salarial

Nestes últimos anos de goberno conservador, quedou clara cal é a visión do papel da muller no ámbito laboral que teñen os nosos gobernantes, tanto nacionais como europeos, ao non atallar de raíz a desigualdade salarial que se da en todo los estratos das distintas ramas laboráis. 

A brecha salarial alcanzou, segun os datos dos últimos informes elaborados pola UGT unha media dun 24%, agravada nalgúns sectores de actividade con menos cualificación requerida, nos que se está a chegar a superar o 30%; por non falar do escaso número de mulleres nas cúpulas directivas das grandes empresas, anecdótica en moitos casos incluso en empresas dependentes ou intervidas polo estado.


A día de hoxe, se observamos os datos, unha muller ten que traballar 79 días máis ao ano para obter a misma remuneración que un home, o que é o mesmo, que para alcanzar a retribución dun home que traballa 35 anos, unha muller debe traballar, 46 anos e medio. Isto non e mais que outra evidencia da visión patriarcal do goberno do Partido Popular nacional

Actos como o de maña, 22 de Febreiro, Día Europeo da Igualdade Salarial, non deixan de recordarnos que queda moito por facer, e que estés catro anos os non foron mais que tempo perdido en materia de #IgualdadeSalarial, por moito que se denuncie dende todalas forzas da oposición, a escasa aplicación da lexislación vixente.

Dende Xuventudes Socialistas, invitamos a todolos que queiran denunciar este feito, que posteen ou chien en Twitter información relacionada ou opinions sobre o tema co hashtag: #IgualdadeSalarial, para seguir loitando a prol dunha sociedade igualitaria en todolos ámbitos.

Comisión de Igualdade das Xuventudes Socialistas da Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario