Publicacións populares

domingo, 2 de agosto de 2015

ENTREVISTA A ELENA BAZ, A CONCELLEIRA MÁIS NOVA DA CORPORACIÓN MUNICIPAL

A Concellería de Cultura, Educación e Xuventude ten nova inquilina, Mª Elena Baz Rodríguez, número 4 na candidatura dos #SocialistasDaGuarda, e as XSG-A Guarda tivemos a oportunidade de reunirnos con ela no seu despacho. Ademáis de tratar distintos puntos nos que traballar no eido da mocidade, aproveitamos a facerlle unha pequena entrevista para asi acercarvos un pouco máis este primeiro mes e medio no Concello.
Nada na Guarda no verán de 1979, creceu sempre na nosa vila e tras rematar C.O.U. na Sangriña estudou un ciclo de auxiliar de xeriatría e outro de auxiliar de clínica, pero como ela mesma nos confesa, dende que, con dezaséis anos, comezou a dar clase de baile galego e moderno no Colexio das Solanas, tiña claro que o seu destino estaría sempre ligado a este traballo, ao que incorporou posteriormente tamén a pandeireta, sendo unha referencia cultural neste eido na nosa vila 20 anos despoís.


Elena Baz, Concelleira de Cultura, Educación e Xuventude, no seu despacho.

Bos días Elena, moitas grazas por adicarnos un pouco deste tempo tan escaso imaxinamos nun verán que xa esta na súa metade.
Sempre é un pracer recibir a xente nova da vila e máis a vós que tanto me apoiachedes neste proxecto.
¿Que te levou a embarcarte neste proxecto, o dos Socialistas da Guarda?
Pois a verdade que cando Antonio me falou da posibilidade de embarcarme no seu proxecto non o dubidei un momento por moitas razón. O primeiro é que coñecia moi ben tanto a Antonio como o seu equipo, persoal e profesionalmente, ca labor no Concello destes anos atrás, pola relación que tiñamos por Xamaraina, o grupo de baile que dirixo. Pero ademáis de iso, persoalmente, como cidadá creo que era un paso que debía tomar, para loitar pola vila.
Non tiñas experiencia política anterior, ¿como foi para ti esta, a túa primeira campaña?
(Resopla) Moi dura, moito traballo, ademáis que tamén estábamos no treito final da preparación para o verán, asique entre os ensaios e a campaña pouco puiden disfrutar. (Rie) De todas formas foi moi ilusionante, como te dicía, tiña ganas como cidadá de involucrarme no futuro do pobo, é coñecia moi de cerca a moitos dos meus compañeiros. Ademáis gustame moito o porta a porta, o falar ca xente do pobo, que nos contarán as súas ideas e opinións e nós os proxectos que queríamos desenvolver. A verdade que se o penso agora, recordome moi comoda, ademáis de cos compañeiros, ca xente na rúa, como creo que se debe facer política. Adicamoslle moitas horas pero foi moi satisfactorio.
E de pronto, chega o 24 de Maio, ¿Cómo ó viviches?
Pois a verdade é que ademáis de esa tensión, que era esperada, foi como o comezo dunha nova etapa na miña vida. Ademáis plantexamos grandes ideas na campaña e foi moi importante ver como a xente voltou a confiar nos Socialistas da Guarda, porque co paso dos días da campaña, fun coñecendo máis e máis os pequenos logros que se foron acadando na vila nos últimos 8 anos e quería ser participe dos que imos lograr. De todas formas sorprendeume que non revalidaramos os 8 concelleiros, pero foi outro pulo para facer mellor traballo.
¿De que maneira crees que incidiu no resultado a campaña?
A verdade é que creo que a xente xa tiña o seu voto algo decidido, pero conseguimos refirmar moitas cousas que pasaron as veces desapercibidas e funcionou en gran medida. Frente o famoso “non fixeron nada” demostramos que os anos de goberno socialista foron os mellores que tivo A Guarda e que todavía queremos facer moito máis, por iso a xente volveu confiar en nós. Foi unha pena que moita xente quedara na casa, pois os resultados, polo que nos transmitían na rúa, parecían que iban ser mellores. Quizáis foi que era algo novata e me fixera ilusions . (Rie)
Antonio Lomba e Elena Baz na toma de posesión. (Foto: galiciasuroeste.info)
Pasaron xa case 50 días desde a toma de posesión, onde eras a máis nova desta corporación, ¿Qué aportaches neste inicio de lexislatura o novo Alcalde?
Pois a verdade é que aportei foi o que Antonio dixo na presentación da candidatura que aportaría: Traballo, traballo e traballo. Sei que era a novel, pero non quixen perder tempo e tentei porme o día dende o principio. Non me chegaba o tempo, pero gracias as asociacións, que son increíbles e colaboran e facilitan moitos as cousas, fun pouco a pouco xestionando a gran axenda cultural que había para este verán, supervisando día día que todo vaia ben e organizando cousas novas.
¿Como encontraches esa axenda cultural?
A verdade é que moi completa. Temos eventos tódolos venres, sabados e domingos, ademáis de moitos outros durante a semana e novos que van xurdindo, pero consideramos que é unha gran axenda cultural a que oferta o Concello, sobretodo gracias as asociacións, tan activas nesta época estival.
Non é so Cultura o teu ámbito de acción, ¿Como é un día da Concelleira tamén de Educación e Xuventude?
Pois chego o Concello as nove e coordino o traballo das técnicas municipais de Xuventude e Cultura. Cousas que debemos completar nos actos dos días posteriores ou xa traballo con dúas ou tres semanas vista, para tentar optimizar o máximo o tempo e os recursos do Concello e ser máis eficientes. Estamos traballando agora nun gran acto a final de verán, para setembro. Logo, un pouco máis avanzada a maña fago distintas saidas ós colexios, para ir traballando xa de cara a entrada do novo curso.
Nunhas liñas xerais, ¿cales son as ideas que tes sobre a mesa nestas concellerías?
Pois en en Educación estamos traballando actualmente no mantemento dos coles agora que parou o periodo lectivo e sobretodo estamos traballando no arranxo da cuberta das Solanas, algo que temos cada vez máis preto.
Por outro lado Xuventude estamos traballando en diversificar os eventos para a mocidade durante todo o ano, para dar unha maior oferta para a xuventude e máis específica. Mellorar o ámbito artístico para potenciar o gran talento da nosa mocidade e para iso precisamos mellorar o contacto con eles.
O Grupo Municipal Socialista ao completo trala toma de posesión. (Foto: Galiciasuroeste.info)
Queres lanzar algunha mensaxe a esa mocidade?
Sobretodo que non teñan medo, que se acheguen o Concello e nos expoñan as súas ideas e inquedanzas porque temos as portas abertas e os oídos para escoitalos, esa é a maneira de traballar unidos. O gran reto, non só de este Concello, senón de moitas administración, creo que é o de mellorar a comunicación ca mocidade, tentar pensar un pouco máis coma nós, estar na nosa pel, porque eu ainda son moza tamén! (Risas) Mellorando a comunicación conseguiremos que a xuventude este integrada e implicada. Urxe conseguir un Concello máis cívico en tódolos aspectos e os máis novos deben axudarnos a iso, demostrando que son o futuro. Levamos moito demostrando que é moi importante ter unha mocidade implicada.
Por último, ¿que crees que botarás de menos nestes próximos catro anos?
Pois creo que botarei de menos pasar moito máis tempo cos meus, unha sempre quere estar o máximo posible ca familia. Xa antes polo meu traballo non dispoña de todo o tempo que quixera para estar cos meus fillos, e agora as responsabilidades son moito maiores. Polo resto creo que non cambiarei nada da miña vida, porque canto máis tempo pasa máis me dou conta do que me encanta isto. Organizar eventos culturais, os avances día a día no Concello, o trato ca xente, son cousas que enchen a unha por dentro, e pese a que non terei tanto tempo para min, son moi feliz e cada día esperto con ilusións renovadas para seguir traballar polo futuro do noso pobo.






Ningún comentario:

Publicar un comentario