Publicacións populares

sábado, 21 de febreiro de 2015

Nota de prensa - Día Europeo pola Igualdade Salarial

Nestes últimos anos de goberno conservador, quedou clara cal é a visión do papel da muller no ámbito laboral que teñen os nosos gobernantes, tanto nacionais como europeos, ao non atallar de raíz a desigualdade salarial que se da en todo los estratos das distintas ramas laboráis. 

mércores, 4 de febreiro de 2015

COMUNICADO POLO DIA MUNDIAL DA LOITA CONTRA O CANCRO

Cada 4 de Febreiro conmemórase o Día Mundial da Loita Contra o Cancro. Esta enfermidade, que afecta a unha proporción moi alta da poboación, conleva unha das loitas máis duras polas que una persoa pode pasar. Segundo a OMS, no ano 2012 producíronse 8,2 millóns de novos casos de cancro no planeta pero estas cifras poderían aumentar nas próximas décadas ata cifras próximas aos 22 millóns. A taxa de mortalidade diminuíu un 13% nas últimas dúas décadas, pero todavía queda moito camiño que percorrer. Os expertos aseguran que a prevención, cunha detección e tratamento a tempo, son o mellor camiño para lograr reducir a mortalidade e a incidencia. Para isto son moi necesarios os controis médicos o seguimento dos pacientes e a rápida actuación.